Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no Rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo Casais y Cía., S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9-2-95, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo representante dos traballadores o día 31-12-94, e de conformidade co disposto no art. 90.2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de febreiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa

Casais y Cía., S.L.

Artigo 1º-Ámbito de aplicación.

0 presente convenio é o que regulará con carácter preferente as relacións laborais entre a empresa Casais y Cía, S.L. e os seus traballadores, na provincia da Coruña.

Artigo 2º-Vixencia e duración.

0 presente convenio terá unha duración de dous anos, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996. En caso de non mediar denuncia por calquera das partes afectadas cunha anticipación non menor de dous meses ó final da súa vixencia, o convenio quedará prorrogado por un período de dous anos. A denuncia formalizarase por escrito e remitiráselle ó representante legal da outra parte.

Artigo 3º-Devengos salariais.

0 presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos salariais desde o 1 de xaneiro de 1995. En caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1966 un incremento superior ó 6%, efectuarase automaticamente a revisión pertinente sobre as táboas salariais na contía exacta do exceso porcentual, excepto a antigüidade.

Artigo 4º-Xubilacións.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos. O traballador con 20 ou máis anos de antigüidade na empresa que decida voluntariamente a xubilación anticipada, percibirá unha gratificación consistente nas contías seguintes:

-Ós 60 anos de idade, 12 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade, 10 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade, 8 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade, 5 mensualidades.

A solicitude deberá ser efectuada polo traballador con un mes de anticipación ó cumprimento da idade en que se pretenda acoller este beneficio. A mensualidade refírese ó salario base.

A gratificación será satisfeita pola empresa mediante o rateo ó longo das catro anualidades seguintes, en caso de facelo ós 60 anos e de 3, 2 e 1 se o fai ós 61, 62 e 63 respectivamente. A empresa e o traballador poderán pactar outra forma de pago.

En caso de reducirse por disposición legal a idade de xubilación, quedará en suspenso de aplicación deste artigo ós supostos afectados pola reducción legal.

Artigo 5º-Axuda por invalidez.

Ós traballadores cunha antigüidade na empresa de 10 anos seralles aboada por este, en caso de invalidez permanente absoluta para todo tipo de traballo en concepto de axuda, unha gratificación equivalente a 8.500 pesetas por ano de servicio.

Artigo 6º-Defunción.

A empresa aboará dúas mensualidades dos salarios que figuran no convenio, o plus e a antigüidade correspondente, ós seguintes familiares dun productor que con el convivan, e por esta orde: 1º) cónxixe viúvo, 2º) villos, cando aquel faleza estando en activo e leve como mínimo un ano de servicio na empresa.

Independentemente das súas mensualidades a quen dereito segundo o sinalado anteriormente aboaráselles ós ditos familiares do traballador o salario completo do mes no que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu falecemento.

A empresa queda obrigada a sufraga-los gastos de traslado cando o falecemento, por causa accidental, ocorra en localidade distinta da súa residencia habitual, sempre e cando o dito trabaltador se encontre realizando un servicio á empresa.

Artigo 7º-Xornada.

Establécese unha xornada durante a vixencia do presente convenio de 1.820 horas de traballo efectivo en cómputo anual e de 40 horas semanais de luns a domingo.

Artigo 8º-Axudas de custo.

As axudas de custo que se satisfará ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidades de servicio serán dun mínimo de 3.800 pesetas por día. Establécese a media axuda de custo, calculada na metade dos importes consignados no parágrafo anterior.

Artigo 9º-Licencias.

Ampliarase o disposto o artigo 81, alíneas b), c), d) e f) da Ordenanza de transportes por estrada e que sinale de 1 a 5 días no artigo 82, no sentido de estendelo de 3 a 5 días, ampliando o especificado na alínea c) do artigo 81 ós irmáns políticos e tíos carnais.

Artigo 10º-Carné de conducir.

Para os casos de privación do carné de conducir de calquera traballador afectado por este convenio, a empresa facilitaralle ó traballador ocupación en calquera traballo, aínda de inferior categoría, polo período de privación do carné, sempre que non exceda de quince días, sen perda dos emolumentos que viña percibindo.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos seguintes casos:

a) Que a privación do permiso de conducir sexa reincidente dentro da vixencia do presente convenio.

b) Que a privación do permiso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir allea á empresa.

c) Que a privación do permiso de conducir sexa como consecuencia da comisión de delictos dolosos.

d) Que a privación do permiso de conducir sexa como consecuencia de ter inxerido bebidas alcohólicas ou tomado algún tipo de estupefacientes, ou ter incorrido en imprudencia temeraria.

Artigo 11º-Antigüidade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá, con carácter xeral, en concepto de complemento de antigüidade, unha contía fixa por cada 5 anos de servicios prestados á empresa.

As percepcións por quinquenios serán as seguintes:

-5 anos: 7.442 pesetas/mes.

-10 anos: 11.360 pesetas/mes.

-15 anos: 14.794 pesetas/mes.

-20 anos: 20.514 pesetas/mes.

-25 anos: 28.650 pesetas/mes.

Os quinquenios comezaranse a devengar a partir do día 1º do mes seguinte a aquel en que se cumpra o quinquenio.

Artigo 12º-Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano, podéndose pacta-la forma do seu desfrute, se isto afectase ó normal funcionamento e orde da actividade da empresa.

Artigo 13º-Pagas extras.

Establécense dúas pagas extraordinarias de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 14º-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1º) Interpretacion auténtica do convenio.

2º) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

3º) Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que, por norma legal, poidan corresponderlles ós organismos correspondentes.

4º) Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

5º) Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

6º) Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Os acordos ou resolucións adoptados por unanimidade de tódolos membros presentes da comisión mixta terá carácter vinculante.

De non obterse unanimidade, seguiranse, para a resolución das cuestións presentadas as canles legalmente previstas.

A comisión estará integrada por dous vocais, o empresario e o representante legal dos traballadores. Poderanse nomear asesores por cada representación, aínda que non terán dereito ó voto.

A comisión non poderá actuar sen a presencia dos dous vocais e reunirase por instancia das partes, póndose de acordo sobre lulgar e hora en que se deberá celebra-la reunión.

En ningún caso se poderá reuni-la comisión antes do transcurso dun prazo de tres meses desde a anterior, salvo no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas apreciadas de común acordo.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de tódalas dúbidas, discrepancias e conflictos que se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio, para que a comisión actúe de acordo coas súas funcións.

Artigo 15º-Roupa de traballo.

Independentemente da roupa de traballo que a empresa facilite ós seus traballadores, proverase os

que efectúen traballos á intemperie de roupa de auga e de botas adecuadas; ó persoal administrativo facilitaráselle igualmente un gardapó. A duración destas pezas será de seis meses a un ano.

Artigo 16º-Plus de longa distancia.

Os conductores e acompañantes que circulen por rutas do Estado Español, excepto Galicia e provincias limítrofes, percibirán a cantidade de 8.068 pesetas mensuais.

Artigo 17º-Póliza de seguros.

A empresa quedará obrigada a concertar con primas íntegras ó seu, cargo cando se publique este convenio unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte ou invalidez por accidente de traballo, e que garanta a tódolos traballadores a percepción das indemnizacións seguintes:

a) En caso de falecemento do traballador por accidente: 2.500.000 pesetas.

b) En caso de invalidez total ou absoluta do traballador por accidente: 3.500.000 pesetas.

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Artigo 18º-Recoñécense as garantías sindicais conforme o establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 19º-Cursos de perfeccionamento.

Cando se organicen cursos de perfeccionamento e voluntariamente os realicen os traballadores, logo de autorización da empresa, os gastos de matrícula correrán a cargo das mesmas.

Para a realización de exames oficiais que conduzan ó perfeccionarnento profesional no centro de traballo, o traballador terá a correspondente licencia, con dereito a retribución, debendo xustificar tanto a formafización da matrícula como ter asistido ós ditos exames.