Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.723

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 21 de febreiro de 1995 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciada pola Orde do 4 de outubro de 1994.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pola Orde do 4 de outubro de 1994 (DOG nº 198, do 13 de outubro

de 1994, e corrección de erros publicada no DOG nº 203, do 20 de outubro de 1994), e resolta en parte pola Orde do 12 de decembro de 1994 (DOG nº 244, do 21 de decembro de 1994), e en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15º.4, e de conformidade co disposto no artigo 27º.2 da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería acorda resolver definitivamente a citada convocatoria segundo os seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo de un mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14º do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo de comunicación a esta consellería conforme o previsto no artigo 110º.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes