Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 28 de febreiro de 1995 pola que se amplía o prazo para a presentación das solicitudes de axudas por superficie para a campaña de comercialización 1995-96 (colleitas 1995), convocadas por Orde do 9 de xaneiro de 1995.

O artigo 1.1 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 9 de xaneiro de 1995 (DOG nº 12, do 18 do mesmo mes) pola que se regula o procedemento de presentación das solicitudes de axuda «superficies» para a campaña de comercialización 1995-96 (colleitas de 1995), en concordancia coa orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 3 de novembro de 1994 sobre a mesma materia, establece que o prazo para a presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 1995.

A problemática deirvada da xestión deste tipo de axudas, relacionada coa identificación catastral das distintas parcelas obxecto de axuda ou de declaración, e a definición dos diferentes tipos de cultivo, en cada caso, para a campaña 1995-96, fan necesaria a ampliación do prazo de solicitude e así se determina na orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 24 de febreiro de 1995 (BOE do 25 do mesmo mes) que amplía o prazo de presentación ata o 15 de marzo de 1995.

En consecuencia, e conforme o previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único

O prazo de presentación de solicitudes de axuda «superficies» fixado na alínea 1 do artigo 1 da Orde do 9 de xaneiro de 1995 amplíase ata o día 15 de marzo de 1995.

Disposición final

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e surtirá efecto desde o 1 de marzo de 1995.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes