Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica situada nas proximidades da localidade de Fondo de Vila, concello de Amoeiro (Ourense), turbinando augas do río Barbantiño (Expediente IN408A-87/1-3).

Energía de Galicia S.A. (ENGASA), con domicilio para efectos de notificación na rúa Romero Donallo nº 9-C, baixo, de Santiago de Compostela, solicitou

autorización administrativa e a aprobación do proxecto das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica a situar nas proximidades da localidade de Fondo de Vila, turbinando augas derivadas do río Barbatiño, dentro do concello de Amoeiro (Ourense).

Resultando: que a concesión do caudal de 2.500 l/seg., derivado do río Barbatiño, para esta minicentral, outorgouse á empresa Engasa por resolución da Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Norte de data 29 de outubro de 1990.

Resultando: que as características das instalacións que se van realizar son as axeitadas ós fins que se pretenden, e que a central hidroeléctrica que se situará nas proximidades de Fondo de Vila, no río Barbantiño, segundo o seu proxecto electromecánico, asinado polo enxeñeiro técnico industrial, Severino A. Calvar Fonterosa, consta dun equipo productivo, que se aloxará nun edificio de 15,40x7,90x6,50 m, constituído polos seguintes elementos:

-Turbina Francis de eixe horizontal, de 1.809 kW de potencia, velocidade nominal 750 r.p.m., e velocidade de embalamento 1.500 r.p.m.

-Un alternador asíncrono trifásico de 2.100 kVA., velocidade de réxime 750 r.p.m., factor de potencia 0,89, potencia máxima no eixe 1.700 kW, tensión de xeración 3.000 V, frecuencia 50 Hz.

-Un transformador de potencia trifásico de 2.500 kVA., grupo de conexión DYn11, relación de transformación 3.000/15.000-20.000 V.

-Un transformador para servicios auxiliares de 25 kVA; 15.000-20.000/380-200 V.

-Unha ponte guindastre de ata 10 Tm de capacidade de elevación, de 7 m de luz e 5 de percorrido do gancho.

-Cela de saída de liña de 15-20 kV para a súa interconexión á rede de media tensión do sector.

-Instalacións de control, protección e manobra, computerizadas en tódalas súas operacións e función.

Resultando: que a solicitude de autorización da central hidroeléctrica que constitúe o aproveitamento do río Barbantiño na zona descrita, coas características antes referidas, someteuse a trámite de información pública para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do que establece a alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, polo que se establece o procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación e adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos con potencia nominal non superior a 5.000 kVA., modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, mediante anuncio da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense publicado no

BOP de Ourense 21-5-88 e no taboleiro de anuncios da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, non presentándose no período establecido para iso alegación nin oposición ningunha.

Resultando: que segundo Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG do 15-10-1991), establécese a obriga de redactar declaración de efectos ambientais, con carácter previo a ser emitida polo órgano substantivo a resolución administrativa a adoptar para a autorización da actividade. Por resolución da Comisión Galega do Medio Ambiente someteuse a información pública, con data do 18 de xuño de 1993, o estudio de efectos ambientais presentado pola empresa; do resultado dela despréndese que se realizaron alegacións ambientais ó referido proxecto.

Resultando: que a Comisión Galega de Medio Ambiente, unha vez avaliado o citado estudio de efectos ambientais, e despois da análise das alegacións formuladas, con data do 3 de marzo de 1994, formulou a declaración de efectos ambientais do

proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Barbantiño, sito nos concellos de Maside e Amoeiro (Ourense), establecendo para aquel as medidas correctoras e de protección e control ambiental, así como o plano de vixilancia ambiental e condicionantes a cumprir pola empresa solicitante, tanto durante a construcción, como durante o período de explotación das instalacións.

Considerando: que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente.

Considerando: que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta nos citados Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, e Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, e que o proxecto referido encóntrase informado favorablemente polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense.

Esta dirección xeral;

RESOLVE:

1º) Autorizar á empresa Energía de Galicia, S.A. (ENGASA) a instalación dos equipos electromecánicos que quedan reflectidos no proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Barbantiño, na central hidroeléctrica que se situará nas proximidades de Fondo de Vila, dentro do concello de Amoeiro (Ourense).

2º) Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica referida.

Queda obrigada a empresa titular das instalacións a notifica-lo comezo e remate das obras, para a súa inspección e autorización de posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, logo do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos e condicionantes técnicos e de seguridade establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente do aproveitamento hidroeléctrico do río Barbantiño, coa instalación da central hidroeléctrica citada, debendo cumprir rigorosamente as medidas correctoras e de protección ambiental.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo nº 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria