Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de marzo de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 5 e 12 de marzo nos centros de traballo da Empresa Nacional de Electricidade, S.A. (ENDESA) nas Pontes de García Rodríguez.

0 artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, aínda que limite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade.

0 Decreto 155/1988, do 9 de xullo, no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga, decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xullo, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga para os días 5 e 12 de marzo, no centro de traballo de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, escoitado o comité de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º-Os servicios mínimos de persoal mentres dure a folga anunciada para os días 5 e 12 de marzo do presente ano no centro industrial Endesa nas Pontes de García Rodríguez, serán os seguintes:

Servicios xerais de zona:

Requirirase a súa presencia nas instalacións e conseguinte intervención, no caso de que se produza unha emerxencia.

No caso de producirse avaría ou incidente a dirección e o comité de folga comprométense a reunirse co fin de acorda-lo persoal para a correspondente reparación.

Artigo 2º-0 incumprimento desta obriga de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio