Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995 pola que se convoca concurso para a subministración de materiais especiais para a Imprenta Provincial.

Obxecto: subministración de materiais especiais para a Imprenta Provincial.

Orzamento: 23.579.000 ptas., que se dividen en 6 lotes.

Fianza provisional: 2% do orzamento de cada lote.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1995, na forma prevista na cláusula 14 do prego de condicións.

Proposicións: o licitador presentará a seguinte documentación na Sección de Patrimonio e Contra

tación, en horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de dez días a contar desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP, BOE e DOG.

Sobre A: «Oferta económica» axustada ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio para efectos de notificación en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa), nº...., actuando en nome propio (ou en nome e repesentación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono ...), toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña e publicado con data do... para a subministración de... e fai constar que coñece e acepta as súas bases e que se compromete a realiza-la subministración con suxeición ás referidas bases, polo importe que se sinala a seguir (IVE incluído):

Lote... Prezo...

0/A licitador/a (firmado e rubricado)

Sobre B e C coa documentación esixida na cláusula 7 do prego de condicións.

A Coruña, 22 de febreiro de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario