Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 30 de xaneiro de 1995 polo que se anuncia convocatoria para cubri-las prazas de xuíces de paz substitutos de Outeiro de Rei e A Mezquita (Ourense).

Ó non seren elixidos polos concellos de Outeiro de Rei (Lugo) e da Mezquita (Ourense) xuíces de paz substitutos das ditas localidades, convócase para que, no prazo de 15 días contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz substituto de Outeiro de Rei (Lugo) e da Mezquita (Ourense), lle dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1º) Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2º) Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3º) Méritos que coide que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo do Pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos teñan interese en solicita-la indicada praza.

A Coruña, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia