Obxecto: subministración de papel especial para a Imprenta Provincial.
Orzamento: 22.325.000 ptas., que se dividen en 3 lotes.
Fianza provisional: 2% do orzamento de cada lote.
Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1995 na forma prevista na cláusula 14 do prego de condicións.
Proposicións: o licitador presentará a seguinte documentación na Sección de Patrimonio e Contratación, en horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de dez días a contar desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP, BOE ou DOG.
Sobre A: «Oferta económica» axustada ó seguinte modelo:
Don/Dona..., con domicilio para efectos de notificación en...., rúa...., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en nome e repesentación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono ...), toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña e publicado con data do... para a subministración de... e fai constar que coñece e acepta as súas bases e que se compromete a realiza-la subministración con suxeición ás referidas bases, polo importe que se sinala a seguir (IVE incluído):.
Lote... Prezo...
0/A licitador/a (firmado e rubricado)
Sobre B e C coa documentación esixida na cláusula 7 do prego de condicións.
A Coruña, 22 de febreiro de 1995.
Salvador Fernández Moreda
Presidente
José Luis Almau Supervía
Secretario