Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO do 20 de febreiro de 1995 relativo ó expediente modificativo do Plan Xeral de Ordenamento Urbano.

Faise público, nos termos e para os efectos definidos no art. 114 do texto refundido da lei sobre o réxime do solo e do ordenamento urbanístico, que o Plenario municipal, en reunión do 3 de febreiro de 1995, acordou aprobar inicialmente a proposta da Presidencia relativa á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenamento Urbano, consistente en darlle nova redacción ó parágrafo 3.4.3, sobre núcleos rurais, deixándoo como segue:

«Nos núcleos rurais os permisos para edificar serán concedidos, en conformidade co disposto no art. 42 da LASGA, ata un número máximo equivalente ó 50% dos edificios preexistentes no núcleo, debendo procederse seguidamente a delimita-lo solo urbano conforme a normativa vixente.»

O expediente estará de manifesto ó público durante o prazo de un mes contado desde o día seguinte a aquel en que este anuncio apareza publicado no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que poida ser examinado e, se é o caso, alegado polos interesados.

Xinzo de Limia, 20 de febreiro de 1995.

O presidente

Rubricado