Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 24 de febreiro de 1995, acordou prorrogar, polo prazo de quince días, o período de exposición pública do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE.1), que fora inicialmente aprobado o 9 de xaneiro deste ano.

Conseguintemente, durante os quince días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, os interesados poderán consulta-lo expediente e formula-las alegacións que xulguen oportunas.

As alegacións que se presenten desde o día 28 de febreiro -data na que remata o período de información pública concedido inicialmente- ata o día da publicación do acordo de prórroga no DOG serán admitidas como efectuadas dentro de prazo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.

P.D. Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo