Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

APROBACIÓN inicial da revisión das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 17 de xaneiro de 1995, a revisión das normas subsidiarias de planeamento municipal, sométese a información pública por prazo de un mes, que se contará a partir do día seguinte ó de publicación última do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia ou diario La Voz de Galicia. Durante este tempo poderase examina-lo expediente por calquera que o desexe e formula-las alegacións, suxestións ou observacións que considere pertinentes.

Así mesmo, de acordo co estipulado no artigo 102 do texto refundido da Lei do solo, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, mantense a suspensión potestativa acordada polo Pleno desta Corporación de data 25 de marzo de 1994 (BOP núm. 82, do 13 de abril de 1994), ata transcorridos dous anos desde o devandito acordo de suspensión, para as seguintes áreas do termo municipal:

A.-Solo urbano: PERI, s.

B.-Solo apto para urbanizar: SAU, s.

C.-Solo non urbanizable: todos.

Respecto ás demais áreas do territorio municipal con novas determinacións que supoñan modificación do réxime urbanístico vixente (que son tódalas demais áreas do municipio non expresadas anteriormente) queda suspendido o outorgamento de licencias por prazo máximo de dous anos.

A suspensión afectará a tódalas licencias comprendidas nos artigos 242 do R.d.l 1/1992 e 1 do Regulamento de disciplina urbanística, agás as seguintes:

-Licencias de primeira ocupación.

-Licencias para sinxelas obras de reforma interior que non impliquen unha reedificación do inmoble nin supoñan aumento do volume edificado.

-As demolicións en caso de ruína inminente.

Non obstante, ó abeiro do artigo 120 do Regulamento de planeamento urbanístico poderanse con

ceder licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

En calquera caso, a suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Mugardos, 20 de febreiro de 1995.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde