Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO das bases para prover en propiedade, mediante oposición libre, prazas de policías locais, incluídas na oferta de emprego público de 1995.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.-É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de dúas prazas de policías locais, con posible ampliación a unha praza máis de policía local, escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase de policía local, grupo D, segundo o establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de abril, e dotadas co soldo correspondente ó citado grupo D, nivel, trienios, pagas extraordinarias e retribucións complementarias, fixadas de acordo coa lexislación vixente.

A ampliación de convocatoria en unha praza máis de policía local -co cal se provería un total de tres prazas de policías locais-, queda estrictamente con

dicionada á existencia da correspondente vacante na data en que se celebre o primeiro exercicio dos que se compón esta oposición libre: a súa orixe vén determinada pola posible vacante que se producirá no cadro de persoal de funcionarios -policía localcomo consecuencia, do concurso de méritos por promoción interna para cubrir unha praza de cabo da policía local.

A convocatoria publicarase integramente no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e anunciarase un extracto del no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios seguintes publicaranse unicamente no primeiro dos anteditos diarios.

Declárase expresamente que o tribunal que se designe para xulga-las probas selectivas non poderá aprobar nin declarar que as superaron un número de aspirantes superior ás prazas que figuran nas presentes bases.

De conformidade co establecido no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, os opositores que superen as probas selectivas terán que facer e superar tamén un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que sexan declarados aptos e acaden o correspondente nomeamento terán a obriga de presta-la súa xornada de traballo na medida e formas requiridas polo interese do servicio.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.-Os aspirantes, para tomaren parte nas probas selectivas, terán que reuni-los seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data en que remate a presentación das solicitudes:

a) Ser españois.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder dos 30 anos.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que lles impida o desempeño das funcións ou tarefas que correspondan á praza, ou fosen incompatibles con elas.

e) Non ter sido separados do servicio do Estado, ou das comunidades autónomas ou da Administración local, mediante expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitados para exercer funcións públicas.

f) Posuí-los permisos de conducción A2, B2 e C1.

g) Ter unha estatura mínima de 1,70 m, os aspirantes masculinos, e 1,65 as aspirantes femininas.

Terceira.-Presentación das instancias e admisión dos aspirantes.-As instancias de solicitude para tomar parte nas oposicións irán dirixidas ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do Concello durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Para seren admitidos e, se é o caso, tomar parte na práctica das probas correspondentes, será suficiente que os asinantes manifesten nas súas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións

esixidas na convocatoria, referida sempre á data de remate do prazo para presentaren as instancias, e que se comprometen a presta-lo xuramento ou promesa de acordo co que determina o R.d. 707/1979, do 5 de abril, no caso de seren propostos para o nomeamento.

As instancias tamén se poderán presentar na forma determinada no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os dereitos de exame fíxanse en 1.000 ptas., que terán que aboa-los participantes ó presentaren a súa instancia. A esta xuntaráselle inescusablemente:

a) Xustificante do ingreso do importe dos dereitos de exame.

b) Unha fotocopia do DNI.

c) Unha fotocopia do carné de conducir.

Se algunha das instancias tivese algún defecto, requiriríase o interesado para que, nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con apercibimento de que se non o fai se arquivará a súa instancia sen máis trámite, e será excluído da lista de aspirantes.

Cuarta.-Admisión dos aspirantes.-Rematado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación dictará resolución, na que declarará aprobada a lista de asinantes admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará no Boletín Oficial da provincia, indicarase, se é o caso, o prazo de emenda que, nos termos do artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se lles conceda ós aspirantes excluídos, e determinarase a composición do tribunal, lugar e data da celebración dos exercicios.

Quinta.-Tribunal cualificador.-O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en que se delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en que se delegue.

-Vocais:

-Un representante da Administración autonómica.

-Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

-Un funcionario de carreira designado pola alcaldía.

-Concelleiro delegado de Tráfico.

A designación nominal dos membros do tribunal incluirá os respectivos suplentes, e publicarase no BOP, así como no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, un mes antes, cando menos, do comezo da realización das probas.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándolle á autoridade convocante cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 20 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas

nos cinco anos inmediatamente anteriores ó da publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera das circunstancias anteditas.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue pertinentes, limitándose os asesores a prestaren a colaboración nas súas especialidades técnicas.

O tribunal resolverá tódalas dúbidas que surxan na aplicación das presentes normas, así como nos casos non previstos por elas.

O tribunal poderá acorda-la lectura pública dos exercicios que se fagan por escrito se o considera oportuno e conversar cos aspirantes sobre o seu contido durante un tempo máximo de 15 minutos.

Indemnizacións por razón de asistencia dos membros do tribunal: regularanse segundo o R.d. 236/1988, do 4 de marzo, revisado polo acordo do Consello de Ministros do 12 de febreiro de 1993.

Sexta.-Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.-As probas non poderán comezar ata que transcorran dous meses desde a data na que apareza publicado o anuncio da convocatoria no BOE. Quince días antes, como mínimo, do comezo dos exercicios, anunciarase no BOP o día, hora e lugar en que se realizarán. Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de edictos do concello e nos locais onde se celebraron as probas anteriores.

Os aspirantes serán convocados en chamamento único para cada exercicio, excluíndose da oposición os que non se presenten, agás nos casos xustificados e que así apreciase discrecionalmente o tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade por medio do documento nacional de identidade.

Para establece-la orde en que deben de actua-los participantes naqueles exercicios que non se puidesen celebrar conxuntamente, considerarase aplicable o establecido na resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública, do 10 de febreiro de 1987 (BOE do día l), que establece que a orde de actuación dos aspirantes se iniciará alfabeticamente polo primeiro da letra D. De non existir aspirantes coa letra D no primeiro apelido, a orde de actuación virá sinalada polas letras inmediatamente seguintes, segundo corresponda.

Sétima.-Exercicios.-Forma de desenvolvemento e sistema. A oposición constará de catro exercicios, todos eles de carácter obrigatorio e eliminatorio. Será necesario superar cada un deles para pasar ó seguinte. Entre o comezo dun exercicio e o comezo do seguinte deberán transcorrer polo menos 48 horas.

Primeiro exercicio.-Consistirá en medi-los aspirantes, e unha vez comprobado que o opositor ten

a mínima esixida, na realización das seguintes probas físicas:

1) Percorre-la distancia de 100 m en quince segundos, os aspirantes masculinos, e dezaseis as aspirantes femininas.

2) Carreira de 500 metros, nun tempo máximo de un minuto, cincuenta segundos, os aspirantes masculinos, e dous minutos as aspirantes femininas.

3) Salto de altura, cun listón de 1,15 metros, os aspirantes masculinos, e 1,10 as aspirantes femininas.

4) Natación:

a) 100 metros estilo «braza», nun tempo de cinco minutos para aspirantes masculinos/femininos.

b) 200 metros estilo libre, nun tempo máximo de oito minutos para aspirantes masculinos/femininos.

Estas probas realizaranse de acordo coas seguintes normas:

Cada unha das probas será realizada sucesivamente pola totalidade dos aspirantes. Pasarán á realización da proba seguinte só aqueles aspirantes que conseguisen a marca mínima sinalada para cada proba, e quedarán eliminados os restantes.

Os aspirantes dispoñerán de dous intentos nas probas 2), 3), 4), 5); a proba 1) terá que ser superada no primeiro e único intento.

Segundo exercicio.-Proba de tipo práctico de regulación do tráfico.

Terceiro exercicio.-Consistirá na realización de dúas probas:

a) Por escrito, no tempo máximo de hora e media, un cuestionario relacionado coa toponimia, vías de comunicación, edificios públicos e datos de todo tipo do termo municipal de Betanzos.

b) Parte do servicio sobre un suposto que constitúa unha función específica da policía local.

Cuarto exercicio.-Consistirá no desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, dun cuestionario de cincuenta preguntas relacionadas co anexo desta convocatoria.

Os exercicios segundo, terceiro e cuarto cualificaranse de cero a dez puntos, e serán necesarios cinco puntos, cando menos, para aprobalos.

A orde de cualificación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto dos exercicios.

Betanzos, 9 de febreiro de 1995.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente

ANEXO

PROGRAMA PARA O CUARTO EXERCICIO

Primeira parte

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Valores que a inspiran. Principios xerais da nosa Constitución.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía dos dereitos e suspensión deles.

Tema 3.-A coroa. O poder lexislativo. O Goberno e o poder do Estado. O poder xudicial. Relacións entre os distintos poderes.

Tema 4.-O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. O Defensor do Pobo. A reforma da Constitución.

Tema 5.-A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. O seu significado. Referencia especial a Galicia.

Tema, 6.-Réxime local español. Os principios constitucionais e a súa regulación xurídica. O municipio. A organización municipal. Competencias.

Tema 7.-Estructura e organización do Concello.

Tema 8.-Ordenanzas e regulamentos municipais. Clases. Procedemento da súa elaboración e aprobación.

Tema 9.-Intervención administrativa na actividade privada. Os medios de exercela. Os servicios públicos municipais.

Tema 10.-Os funcionarios públicos. Concepto e clases. Os funcionarios civís do Estado na Lei 30/1984.

Incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 11.-A función pública local. Características. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. A Seguridade Social dos funcionarios locais.

Segunda parte

Tema 1.-A organización e funcións das forzas e corpos de seguridade en España. Referencia especial ás policías locais.

Tema 2.-Competencias da policía municipal como policía xudicial, administrativa e de seguridade. Referencia á lexislación vixente (Constitución, Lei orgánica das forzas e corpos de seguridade, Lei orgánica do poder xudicial. Lei de axuizamento criminal, leis sobre o réxime local, código penal, etc.).

Tema 3.-O termo municipal de Betanzos. Límites con outros municipios. Centros, dependencias e edificios públicos.

Tema 4.-Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación. A policía de circulación. Facultades dos alcaldes en materia de circulación.

Tema 5.-A lei de tráfico. Circulación de vehículos con motor e seguridade vial. Estructura e contido.

Tema 6.-Normas xerais de circulación: disposicións xerais. Sentido da circulación. Parada, posta en marcha e marcha atrás. Preferencia de paso.

Tema 7.-Circulación urbana. Normas xerais de circulación. Detención e estacionamento. Carga e descarga. Sinalización.

Tema 8.-Iluminación y sinalización ópticas dos vehículos: clasificación, descrición e utilización.

Tema 9.-Permisos de conducir. Concepto e clases. Facultades que confiren. Licencias de conducción.

Tema 10.-Denuncias por infraccións en materia de circulación: a infracción e as súas clases. Procedemento sancionador: iniciación, desenvolvemento e remate. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada do permiso de conducir.

Tema 11.-Sinais de circulación. Concepto e características. Clases: verticais, horizontais e luminosos.

Tema 12.-Accidente de tráfico. Concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas.

Tema 13.-Tráfico e a policía local: organización e misións. Servicios que se van realizar: regulación do tráfico, denuncia das infraccións e investigación dos accidentes.