Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a presentación de ofertas para a adquisición de carteis e trípticos informativos para os concursos, certames e mostras «Xuventude-95», polo sistema de contratación directa.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación directa da seguinte subministración:

-Obxecto do contrato: adquisición de carteis e trípticos informativos para os concursos, certames e mostras «Xuventude-95».

-Orzamento: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.)

-Prazo de entrega: 15 días.

-Prego de bases: estará á disposición dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, edificios administrativos San Caetano, 3, 1º piso, Santiago de Compostela.

-Presentación de proposicións: os licitadores poderán presenta-las ofertas dentro do prazo dos dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da consellería ou no xeito que dispón o artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

-Apertura de plicas: realizaraa a comisión de contratación constituída para o efecto, o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude