Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro, pola que se anuncia concurso público para a adquisición de cueiros de incontinencia.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o disposto na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994

(DOG do 3-10-1994), convoca o seguinte concurso público para a adquisición de cueiros de incontinencia:

1. Nome e enderezo do servicio: Hospital do Meixoeiro. Meixoeiro, s/n, 36200 Vigo. Telf. (986) 81 11 26. Fax: (986) 81 11 39.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Hospital do Meixoeiro.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar:

* 340.000 ud. cueiro rectangular día.

* 106.000 ud. cueiro anatómico súper noite.

* 434.000 ud. cueiro súper noite con elásticos.

Orzamento total: corenta e tres millóns oitocentas cincoenta mil oitocentas pesetas (43.850.800 ptas.).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 24 de marzo de 1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 31 de marzo de 1995.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura, 10 horas, sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, 11 de abril de 1995.

8. Fianzas e garantías esixidas:

* Provisional: 2% do orzamento: 877.016 ptas.

* Definitiva: 4% do importe de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 17 de febreiro de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá a cargo do adxudicatario.

Vigo, 7 de febreiro de 1995.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Hospital do Meixoeiro