Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 13 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.714 A.T.)

Por acordo do Consello de Ministros do 18-11-1994, publicado mediante resolución da Secretaría Xeral de Enerxía e Recursos Minerais (Ministerio de Industria e Enerxía) no BOE do 28 de xaneiro de 1995, concedéronselle a Red Eléctrica de España, S.A. os beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto que se cita máis adiante, impoñéndose a servidume de paso de enerxía eléctrica co alcance do artigo 4º da Lei 10/1966, do 18 de marzo.

Seguindo os trámites regulamentarios no art. 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa, faise saber que, transcorridos oito días desde a última das publicacións previdas na consecuencia 2ª do devandito texto legal, e nas datas e horas que constan nas notificacións que se practican a cada un dos interesados, procederase polo representante da Administración a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, trámite ó que deberán asisti-los titulares de bens e dereitos afectados, persoalmente ou debidamente representados, podéndose facer acompañar, se así o consideran conveniente, e á súa custa, dos seus peritos e un notario.

A declaración concreta e individualizada dos interesados e dos seus bens afectados, na que tamén figuran as datas e horas nas que se levantará a acta previa de cada parcela, exponse nos taboleiros de edictos desta delegación provincial e dos respectivos concellos.

A instalación comprendida no expresado acordo do Consello de Ministros é a seguinte:

Expediente número 3.714 A.T.-Liña de transporte de enerxía eléctrica aérea a 400 kV, nomeada Cartelle-Trives, con orixe na subestación de Reigoso e final na subestación da Pobra de Trives; o trazado discorre polos concellos de Cartelle, A Merca, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Allariz, Paderne, Maceda, Montederramo, Castro Caldelas, Río e A Pobra de Trives, na provincia de Ourense.

Ourense, 13 de febreiro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense