Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso a tanto alzado da asistencia técnica de clave N/AC/90.4.1.2.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica servicio de comunicacións do centro de control e mantemento do sistema de sinalización intelixente e rede de postes S.O.S. na autoestrada A Coruña-Carballo.

Clave: N/AC/90.4.1.2.

Orzamento: corenta e catro millóns duascentas setenta e sete mil setecentas dez pesetas (44.277.710 ptas.)

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría b.

(Declarada urxente segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda