Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (310/1992).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 310/1992 se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: En Santiago de Compostela, o 10 de xaneiro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil do xuízo executivo seguido neste xulgado co número 310/1992 no que actuaron como demandante Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas e asistido polo letrado Rafael Pardo Pedernera, e corno demandado José Hortas Román, declarado rebelde nas actuacións. Resolvo que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demanda ata facer remate dos bens embargados e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 1.156.671 pesetas de principal e xuros, máis xuros moratorios pactados, custas e gastos, máis as custas, que se impoñen expresamente, e os gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuro, custas e gastos a suma de 750.000. Contra esta resolución

poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xul

gando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde José Hortas Román, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado