Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (99/994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe: que nos autos de xuízo de faltas número 99/1994 dictouse a requisitoria do teor literal seguinte.

Pola presente requisitoria e en xuízo de faltas número 99/1994, seguido neste xulgado sobre furto nun supermercado, requírese e cítase a Clara Gayo Pérez, natural de Vigo, nacida o 6 de febreiro de 1971, filla de Honorio e María Clara, con último domicilio coñecido na rúa García Barbón, núm. 114-1º Vigo, para que no prazo de dez días contados

a partir do seguinte ó que esta requisitoria apareza publicada no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este xulgado co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados o 3-5-1994, de arresto de dous días.

Ordénase e encárgase ás autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que tan pronto teñan coñecemento do paradoiro da referida demandada procedan á súa presentación ante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995. A maxistrada-xuíza. Asdo. Leonor Castro Calvo.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e sirva de citación e requirimento ó penado, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela.

O secretario xudicial

Rubricado