Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (299/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous

dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas nº 299/1994, por instancia de María Pedrido Suárez, contra Jorge García Pereira, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Sentencia: Na cidade de Santiago de Compostela, o vintesete de xaneiro de 1995.

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas nº 299/1994, sobre furto, no que foron partes como denunciante, María Pedrido Suárez, maior de idade e veciña de Santiago, con domicilio na rúa dos Basquiños nº 6 e como denunciado Jorge García Pereira, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, as circunstancias persoais do cal constan en autos, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia:

Decido absolver libremente a Jorge García Pereira da falta de que viña sendo inculpado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Jorge García Pereira, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado