Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (22/1994).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no procedemento de xustiza gratuíta

número 22/1994, por medio do presente edicto notifícase a sentencia dictada neles, co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. Santiago de Compostela, quince de decembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos incidentais, substanciados perante este xulgado polos trámites do xuízo verbal co nº 22 de 1994, co obxecto de interpoñer demanda de separación conxugal, entre partes, dunha como demandante Miriam Pérez Suárez, maior de idade, casada, ama de casa, veciña desta cidade, con domicilio na rúa Estocolomo nº 10, R. 85, 1º G, polígono das Fontiñas, representada en quenda de oficio polo procurador Gómez Martín, asistido do letrado Míguez Caxade; doutra, como demandado, Carlos Hernández Regueiro, veciño que foi desta cidade e actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecido e en situación procesual de rebeldía e con intervención do avogado do Estado, sobre beneficios de xustiza gratuíta.

Decido que debo declarar e declaro o dereito a xustiza gratuíta de Miriam Pérez Suárez, co obxecto de interpoñer demanda de separación contra o seu esposo Carlos Hernández Regueiro, que se substanciará polo trámite dos incidentes, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra esta cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado Carlos Hernández Regueiro, en paradoiro descoñecido e declarado na situación procesual de rebeldía, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado