Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (6/1992).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un de Padrón, fago saber que no xuízo executivo número 00006/1992, promovido polo Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra a herdanza xacente dos cónxuxes David Diz Miguens e Dorinda Santos Suárez, entre outros, en reclamación de 2.199.281 pesetas, acordei por providencia desta data, citar de remate a dita parte demandada, herdanza xacente dos cónxuxes David Diz Miguens e Dorinda Santos Suárez, dos que se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días comparezan nos autos representados por procurador e asistidos de letrado, e se opoñan, se lles conviñer, efectuado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu paradoiro descoñecido. De non comparecer en forma recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Dado en Padrón, dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado