Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (71/1993).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, Juan Manuel Regal Menéndez, en xuízo voluntario de testamentaría 71/1993, promovido por Virgilio Junqueira Souto, representado polo procurador Caamaño Queijo, respecto ó patrimonio hereditario de Ramón Junqueira Bralo e Mercedes Souto Souto, polo presente edicto cítase os que resulten ser herdeiros de Ramón, Jesús e María Junqueira Souto, e os fillos desta última, Sara Pilar, Carlos José e Marta María Junqueira Quintáns, que se encontran en paradoiro descoñecido, co fin de compareceren ante este xulgado no prazo de quince días, asistidos de avogado e procurador, apercibíndoos de que, se non comparecen, se seguirá o xuízo sen volvelos citar.

E para que sirva de citación ós interesados, expido o presente edicto en Padrón o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado