Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (87/1994).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo nº 87/1994, promovidos polo Banco de Galicia S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Luisa Rey Martínez e Antonio Suárez Romero, o cal está en ignorado paradoiro, en reclamación de cantidade de 1.916.530 ptas. como principal, e a de 700.000 ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia da data do 31-1-95, por ignorarse o paradoiro do expresado demandado e sen o previo requirimento de pago, acordouse o embargo dos seguintes bens:

1) Urbano nº 28, piso 2º esquerda da r/ Ramón y Cajal, nº 41 e s/n da avda. Xeneral Sanjurjo, destinado a vivenda; mide 87,80 metros cadrados útiles. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña. Predio 65.515, continua no libro 1.103, folio 109 vto., libro 1.367, folio 200.

2) Vehículo Renault, R-21 GTD, matrícula C-94083-AG.

3) Participacións sociais na sociedade SAR Servicio de Asesores Reunidos, S.L., con domicilio na r/ Xeneral Sanjurjo, 24-1º da Coruña.

4) Posibles saldos, depósitos e valores que poidan te-los titulares no Banco Pastor de Padrón.

5) Maquinaria, mobiliario e instalacións que posúen os titulares na Xestoría Suárez, sita na r/ Ramón y Cajal, 41-2º, esquerda da Coruña.

Acórdase, así mesmo, verifica-la citación de remate por medio do presente edicto, na forma previda polo art. 269 da Lei de axuizamento civil, concedéndoselle ó mencionado demandado o termo de nove días para que compareza nos referidos autos e se opoña á execución, se lle conviñer, significándolle que están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado