Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (318/1993).

En virtude do disposto polo xuíz de primeira instancia e instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo número 318/1993, promovidos polo Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Georgino Otero Rodríguez e Jocelyne Claude Thuilier, entre outros, o cal está en paradoiro descoñecido, en reclamación de cantidade de 1.382.384 ptas. como principal, e a de 650.000 ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia do 31-1-95, por ignorarse o paradoiro do expresado demandado e sen o previo requirimento de pago, acordouse o embargo dos seguintes bens: «Rústico. Predio nº 665 do plano xeral de concentración parcelaria de San Xoán e San Xulián de Laíño (A Coruña): labradío e monte, no sitio de Eira de Arriba, concello de Dodro, que mide 39 áreas e 70 centiáreas. Estrema: norte e leste, camiño; sur, terreo excluído e Mª Ares Morales e outros (764). A descrita está atravesada por un acueducto subterráneo, como se sinala no plano

xeral. No indicado predio construíuse unha casa de baixo e planta alta».

Acórdase, así mesmo, verifica-la citación de remate por medio do presente edicto, na forma previda polo art. 269 da Lei de axuizamento civil, concedéndoselle ó mencionado demandado o termo de nove días para que compareza nos referidos autos

e se opoña á execución, se lle conviñer, significándolle que están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón o un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado