Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

CÉDULA de emprazamento (84/1994).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, nos autos de divorcio número 84/1994, promovidos por María Sabugueiro Maroñas, representado por Ángel Pena Abeijón (de oficio), contra Manuel Enrique Cabañín Campa, emprázase a Manuel Enrique Cabañín Campa para que no termo improrrogable de vinte días compareza en legal forma mediante procurador que o represente e letrado que o defenda, contestando a demanda, coa prevención de que, de non o verificar, recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento a Manuel Enrique Cabañín Campa, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Noia a dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado