Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52.860).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na R/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacíóns que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio metálico e conductor LA-56, de 127 m de lonxitude con orixe na liña Eume-Zarzo (expediente 3.073) e remate no lugar de Lameiro.

-Centro de transformación, tipo caseta, de 50 kVA, en Lameiro e tensións de 15/20/0,380-0,220 V, Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de outubro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña