Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO das bases para a provisión en propiedade de unha praza de cabo da policía local do concello de Betanzos, mediante concurso de méritos.

1.-Normas xerais.

O obxecto da presente convocatoria é a provisión en propiedade da praza de cabo da policía local, mediante concurso de méritos, clasificada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, escala básica, actualmente vacante no cadro de persoal de funcionarios deste concello, con dotación económica correspondente ó grupo D, nivel 14, segundo normativa en materia de retribucións, e os acordos adoptados pola corporación ó respecto.

2.-Requisitos.

Para participaren no concurso de méritos os aspirantes deberán reuni-los seguintes:

a) Ter cumprido no corpo da policía local do concello de Betanzos, como policía local, un período de tempo de dous anos, como mínimo.

b) Carecer na folla de servicios de nota desfavorable non cancelada, e imposta como consecuencia de expediente disciplinario.

c) Posuír un grao de cultura que lle permita exerce-lo mando con competencia e eficacia. Poderá acompañar calquera documento que coide procedente, en relación con este apartado.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixen, deberanse reunir no momento de inserirse a convocatoria do concurso de méritos no Boletín Oficial da provincia.

3.-Solicitudes.

3.1.-Os aspirantes que queiran tomar parte no concurso de méritos deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó alcalde-presidente da corporación, que se presentará no Rexistro Xeral de Documentos do Concello (directamente ou ó abeiro do artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte o da inserción da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, xuntando recibos acreditativos de ter aboada a cantidade de 3.000 ptas. por dereitos de exame na Tesourería do Concello (directamente ou por xiro postal ou telegráfico, xuntando, neste caso, copia do recibo). Os erros de feito poderán ser emendados en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3.2.-Así mesmo farán constar que se comprometen a prestar xuramento ou promesa na forma prevista no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, no caso de ser nomeados e no momento da súa toma de posesión.

4.-Admisión de aspirantes.

4.1.-Para ser admitido a tomar parte na convocatoria do concurso de méritos será suficiente con que os aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no concurso, ás que unirán os documentos acreditativos dos méritos alegados.

4.2.-Rematado o prazo de presentación de instancias a presidencia da corporación dictará resolución, no prazo de un mes, aprobando a lista de admitidos e excluídos, que se publicará no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con indicación do prazo de emenda que nos termos do artigo 71 do réxime xuridico das admistracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, que se lles concede ós aspirantes excluídos.

5.-Tribunal cualificador.

5.1.-Otribunal será designado de acordo co diposto no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e a súa composición farase pública de acordo co establecido na base anterior.

5.2.-Os membros do tribunal absteranse de intervir, notificándollo á autoridade convocante cando concorran as circunstancias previstas no artigo 20 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos cinco anos, inmediatamente anteriores ó da publicación desta convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

5.3.-O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia de polo menos a metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

5.4.-0 tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes bases, así como nos casos non previstos nas normas.

5.5.-Para os efectos de asistencia dos compoñentes do tribunal nestas probas, estes terán as categorías que establece o Real decreto 236/1988, do 4 de marzo.

6.-Desenvolvemento do concurso.

6.1.-O tribunal valorará, de acordo do baremo que figura no anexo da presente convocatoria, os méritos, respectivos que os aspirantes alegasen e acreditasen documentalmente coa instancia para tomaren parte no concurso de méritos.

6.2.-Unha vez valorados polo tribunal cualificador os méritos dos aspirantes, publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

6.3.-Rematada a cualificación do concurso, o tribunal publicará o nome e apelidos do aspirante proposto para desempeña-la devandita praza, con indicación da puntuación obtida, e remitirallo coa acta de cualificación e proposta de nomeamento á presidencia da corporación.

6.4.-De conformidade co establecido no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, os opositores que superen as probas selectivas terán que facer e superar tamén un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

6.5.-Os aspirantes que fosen declarados aptos e alcanzasen o correspondente nomeamento terán a obriga de presta-la súa xornada de traballo na medida e formas requiridas polo interese do servicio.

7.-Nomeamento e toma de posesión.

7.l.-No prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista na que se indica o nome do aspirante proposto, presentará os seguintes documentos:

a) Certificación acreditativa do tempo efectivo de servicios prestados como policía local deste concello.

b) Certificados acreditativos dos méritos alegados, computables, de acordo co baremo que rexe o concurso de méritos.

7.2.-O concursante proposto que, no prazo sinalado e a non ser por causa de forza maior, non presentase a documentación esixida, non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen, prexuízo da responsabdidade en que puidese incorrer por falsidade.

7.3.-Cumpridos os mencionados requisitos, o presidente da corporación fará o nomeamento do aspirante proposto polo tribunal, de acordo co establecido na convocatoria. O funcionario nomeado tomará posesión do seu cargo no prazo de un mes, contado desde o día en que se lle notificou a resolución.

8.-Norma derradeira.

A presente convocatoria do concurso de méritos, e tódolos actos administrativos que dela se deriven, poderán ser impugnados polos interesados de acordo co preceptuado na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracíóns públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

Concurso de méritos para prover en propiedade unha praza de cabo da policía local

1.-Sistema: concurso de méritos.

1.1.-O obxecto da presente convocatoria é prover en propiedade a praza de cabo da policía local, mediante concurso de méritos, de conformidade co preceptuado no artigo 23.5 da Lei 3/1992, do 23 de maio, do Parlamento de Galicia, relativa á coordinación dos policías locais.

1.2.-Para tomar parte na presente convocatoria de concurso de méritos os aspirantes terán que reuni-los requisitos esixidos na base de convocatoria.

2.-Cualificación do concurso de méritos.

Na cualificación do concurso rexerá o seguinte baremo:

a) Servicios.-Por cada ano de servicio prestados como policía local: 0,50 puntos ata un máximo de 3 puntos.

b) Títulos:

-Graduado escolar ou semellante: 1 punto.

-Bacharel superior ou semellante: 2 puntos.

-Título medio: 3 puntos.

-Título superior: 4 puntos.

c) Recompensas:

-Por cada felicitación individual do alcalde-presidente: 0,25 puntos ata un máximo de 3 puntos.

-Por cada felicitación invididual da corporación municipal: 0,40 puntos ata un máximo de 3 puntos.

d) Idiomas:

-Por posuí-lo título de iniciación galego: 0,50 puntos.

-Por posuí-lo título de perfeccionamento de galego: 1 punto.

-Outros idiomas acreditados: 0,50 puntos por cada un.

e) Permiso de conducir:

-Para vehículos de categoría A2: 0,25 puntos.

-Para vehículos de categoría B: 0,30 puntos.

-Para vehículos de categoría superior: 0,50 puntos.

Socorrismo:

-Estar en posesión do título de socorrista: 0,50 puntos.

g) Cursos:

-Por asistencia a cursos que signifiquen un perfeccionamento profesional a xuízo do tribunal, por cada un: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

h) Outros méritos:

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser valorados polo tribunal, co límite de 2 puntos.

3.-Tribunal cualificador.

Constituirase da seguinte forma:

Presidente: o alcalde da corporación ou membro dela en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en que se delegue.

Vocais:

-Un representante da Administración autonómica.

-Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

-Un funcionario de carreira designado pola alcaldía.

-Concelleiro delegado de Tráfico.

4.-Modelo de instancia para tomar parte no concurso.

Don/Dona

policía local deste concello, con DNI nº

co maior respecto e consideración, expón:

Que no Boletín Oficial del Estado de data ..........

nº .......... se insire a convocatoria do concurso de méritos para prover en propiedade unha praza cabo da policía local e, como queira que o que subscribe reúne todas e cada unha das condicións sinaladas no concurso, é polo que:

Solicita: que teña por presentado este escrito e admiti-la persoa que subscribe ó mencionado concurso de méritos, para o que acompaña os documentos acreditativos deles.

Así mesmo, fai constar que no caso de ser nomeado e no momento da súa toma de posesión, se compromete a prestar xuramento ou promesa na forma prevista no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Betanzos, xaneiro de 1995.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente