Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (PO-01038-I-94 e dez máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sina

lan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultade polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións

número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 26 de xaneiro de 1995.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra