Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.671

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (327/1993).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo, que se segue neste Xulgado co número 327/1993, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o quince de marzo de mil novecentos noventa e catro. Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 327/1993 no que actuaron, como demandante, Panalgal, S.L., representado pola letrada María Trinidad del Río de la Torre, e como demandado Lorenzo Pías Mayo, declarado rebelde nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 248.489 ptas. de principal, mailos xuros moratorios ó tipo legal do diñeiro incrementados en dous puntos desde a data do vencemento, custas e gastos, que se calculan sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos na suma de 123.000 pesetas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado.

Para que así conste e sirva de notificación ó demandado rebelde, Lorenzo Pías Mayo, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado