Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.671

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

PROVIDENCIA (29/1990).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro, certifico que no expediente tramitado neste xulgado, co número 29/1990, por instancia de Pedro López Oroza e outros, contra Sociedad Cooperativa del Mar de Armadores de Buques de Pesca, sobre resolución de contrato, dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Providencia maxistrada-xuíz Rama Ínsua. A Coruña, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Dada conta. Os anteriores escritos únanse ás autos da rúa razón. Tense por interposta tercería de mellor dereito por Pedro López Oroza e outros. Cítense as partes de comparecencia perante este xulgado para o día tres de marzo vindeiro ás dez horas, dándolles traslado respectivamente dos escritos presentados. Así o acorda e asina S. Sª e

dou fe. M. Asinado e rubricado. Perante min. Asinado e rubricado».

E para que conste, para que sirva de notificación e citación á empresa demandada, Sociedad Cooperativa del Mar de Armadores de Buques de Pesca, expido e asino a presente providencia na Coruña o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado