Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.670

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (239/1992).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco

de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 239/1992, promovido por Caixa de Aforros de Galicia contra Antonio Bouzas Ferreiro e María Rosa Sierra Domínguez, nos que por resolución do día de hoxe se acordou sacar a poxa pública o inmoble que ó final se describe; o seu remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En terceira poxa por non se ter rematado en ningunha das anteriores o día 5 de abril próximo ás 12 horas da súa mañá, sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Pode facerse o remate en calidade de o ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacióna e depósitos deste xulgado a cantidade de 6.375.000 pesetas, que corresponden ó 20% do tipo da segunda poxa, sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes -se os houber- ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

Vivenda da planta ático da edificación sinalada co número 7 da rúa Doutor Teijeiro de Santiago. Componse de vestíbulo, cinco dormitorios con armarios encastrados, salón comedor, dous baños, un aseo, cociña, corredor-distribuidor con armarios encastrados, sala de pranchado, terraza-tendedeiro e terraza. Ten unha superficie útil de 151 metros, 23 decímetros cadrados. Estrema: á fronte, rúa Doutor Teixeiro; fondo, casas 44 e 46 da rúa do Hórreo; dereita; casa número 9 e esquerda casa número 5, ámbalas dúas da rúa Doutor Teijeiro. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1.028, libro 66, folio 81, predio número 5.902.

Dado en Santiago de Compostela o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

0 secretario

Rubricado