Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.670

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (338/1994).

En cumprimento do acordado en providencia do día de hoxe, faise saber que no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, e co número 338/1994, tramítase expediente de xurisdicción voluntaria promovido por José Castro Pérez, sobre consignación de rendas dos meses de decembro de 1993 ata febreiro de 1995 (ambos incluídos) pola cantidade de cento sesenta e cinco mil pesetas, correspondentes ó arrendamento da vivenda sita en Santiago de Compostela, rúa do Medio, número 27, baixo, da que é dono Manuel Cotos Gómez, o cal faleceu.

Polo presente fáiselles saber ós posibles herdeiros de Manuel Cotos Gómez, dos que se descoñece a identidade e domicilio, a existencia do dito procedemento e da consignación efectuada co obxecto de que no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte á publicación do presente edicto comparezan perante este xulgado para facerse cargo da cantidade consignada, baixo os apercibimentos legais.

En Santiago de Compostela o dous de decembro de mil novecentos noventa e catro.

A maxistrada

Rubricado

0 secretario

Rubricado