Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.670

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (48/1991).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 48/1991, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia: «Na cidade de Santiago de Compostela, dezaseis de maio de mil novecentos noventa e catro.

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 48/1991, promovidos por Barclays Bank, S.A.E., representado polo procurador Fernández Rial, e dirixido polo letrado Larrosa Barros, contra Luis Fernando Pacheco Pampín, maior de idade, con domicilio nesta cidade na Carreira do Conde, edificio Viacambre, piso 1º esquerda, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Luis Fernando Pacheco, Pampín, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 322.333 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse recurso neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial no prazo improrrogable de cinco días, a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida previamente foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Luis Fernando Pacheco Pampín, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela, dezaseis de maio de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado