Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (333/1992).

En virtude do acordado pola secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, en resolución do 20 de xullo de 1994, dictada en auto

de menor contía número 333/1992, por instancia de Julio del Río Rodríguez, representado por Amado Varela Tobío, contra Jesús Castro Castro, José Antonio Castro del Río, Jaime Castro del Río, Manuel Castro del Río, Fernando Castro del Río e persoas descoñecidas e incertas que sexan chamadas á sucesión de Pilar del Río Pampín, emprázanse as citadas persoas descoñecidas e incertas que sexan chamadas á sucesión de Pilar del Río Pampín, co fin de que no prazo de vinte días comparezan nas actuacións e contesten a demanda con avogado e procurador, baixo apercibimento de que se non comparecen serán declarados en rebeldía, continuando o proceso sen máis citalos nin oílos.

E para que sirva de emprazamento ás citadas persoas descoñecidas e incertas que sexan chamadas á sucesión de Pilar del Río Pampín, expido e asino o presente edicto en Ordes o 16 de decembro de 1994.

María Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria