Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (76/1994).

Eu, Inmaculada Pulido Domingue, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas 76/1994, sobre furto, dictouse sentencia cunha decisión que é, como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Fernando Lago Parada dos feitos axuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que ela non é firme e poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto no artigo 795 e 796 da L.A. Criminal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado Fernando Lago Parada, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia a tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Asinado e rubricado