Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e das estatutos da Asociación Empresarial Gallega de Comercio Exterior.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial Gallega de Comercio Exterior, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Poderán pertencer á asociación tódalas persoas naturais ou xurídicas que se dediquen á actividade de exportación e importación de toda clase de mercadorías.

Asinan a acta de constitución: Antonio Alonso Jáudenes e oito persoas máis.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais