Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 34/1995, do 20 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello do Valadouro, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do anexo ó proxecto de rede de sumidoiros ós barrios de Tras dos Ríos e A Portela (A Laxe) e rede de sumidoiros e abastecemento de auga desde o cruzamento do Vilarao (Santa Cruz do Valadouro) ata a rúa Rosalía de Castro (Ferreira).

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galícia número 24, do 3 de febreiro de 1995, transcríbese a seguinte corrección de erros:

Na páxina 1.024, no artigo único, liña 32, onde di: «pola Deputación Provincial de Lugo», debe dicir: polo Concello do Valadouro».