Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa El Progreso de Lugo, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa El Progreso de Lugo, S.L. (Código 2700272), da provincia de Lugo, asinado o 3 de xaneiro de 1995, pola representación citada da empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro: ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo: remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de febreiro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta de constitución da Comisión Negociadora do

Convenio Colectivo da Empresa El Progreso, S.L. de Lugo e da súa sinatura

Pola empresa: Blanca García Montenegro.

Polo comité de empresa:

José Rouco Lombao.

Manuel Carlos Fernández Real.

Jesús Pérez Otero.

Sendo as 20 horas do día 3 de xaneiro de 1995, reúnense nas dependencias da empresa, as persoas reseñadas na marxe e acordan:

1º.-Recoñecerse capacidade mutua activa para negocia-lo convenio da empresa El Progreso, S.L., segundo o teor do estipulado na Lei 8/1880, do 10 de marzo, constituíndose, deste xeito, a comisión negociadora do convenio colectivo.

2º.-Aproba-lo convenio colectivo articulado e táboas salariais anexas a el e a súa vixencia desde o 1 de xaneiro de 1994 ata o 31 de decembro de 1995.

3º.-Remitir esta acta, así como o texto do convenio e os seus anexos, coas oportunas copias á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia en Lugo para cumpri-los efectos legais que desta sinatura se derivan, entre eles para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

E, en proba de conformidade, asinan a presente acta tódolos relacionados á marxe, sendo as 22 horas do día da data.

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA

EL PROGRESO DE LUGO, S. L.

ANO 1994 e 1995

Capítulo primeiro

Dísposicións xerais

Artigo 1.-Ámbito de aplicación persoal:

O presente convenio colectivo sindical terá por ámbito de aplicación a empresa El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, e afecta a todo o cadro de persoal fixo, calquera que sexa o lugar da prestación de servicios.

Quedan expresamente excluídos:

a) Os que desempeñan funcións de alto consello, alta dirección ou alto goberno.

b) Os profesionais liberais vinculados por contratos civis de prestación de servicios, así como os xestores, asesores e auditores.

c) Os corresponsais e colaboradores que asinasen un contrato civil coa empresa excluínte de relación laboral; os colaboradores a peza e os que non manteñan unha relación continuada coa empresa.

d) Axentes comerciais e publicitarios que traballen para El Progreso de Lugo, S.L. e con liberdade de representar a outras empresas dedicadas a igual ou diferente actividade.

e) O persoal pertencente a empresas concesionarias de servicios que teñan formalizado un contrato civil de prestación de servicios con El Progreso de Lugo, S.L.

f) O persoal que puidese entrar, a partir de agora, ó servicio da empresa para traballar en calquera outra actividade que se puidese desenvolver á marxe da prensa.

Artigo 2.-Ámbito de aplicación temporal:

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Lugo, con efectos retroactivos desde o día 1 de xaneiro de 1994.

O prazo da súa vixencia, bienal, finalizará o 31 de decembro de 1995. Un mes antes da finalización do presente convenio, denunciarase e iniciaranse as negociacións.

Artigo 3.-Organización do traballo:

A organización práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, que responderá do seu uso. Non obstante, os sistemas de racionalización, mecanización ou división do traballo que se adopten non poderán nunca prexudica-la formación profesional á que o persoal ten o dereito e o deber de completar e perfeccionar coa práctica diaria, e tampouco hai que esquecer que a eficacia e o rendemento do persoal e, en definitiva, a prosperidade da empresa dependen non só da satisfacción que nace da retribución xusta senón de que tódalas relacións de traballo estean asentadas na xustiza e o ben común.

Os xefes e os mandos intermedios dos distintos departamentos e seccións coordinarán os traballos dos diferentes grupos humanos ó seu cargo, e establecerán entre si os contactos que consideren necesarios para tal fin, sendo responsables dos retrasos indebidos que se orixinen por defecto ou falta da mencionada coordinación, ou por neglixencia no exercicio das súas competencias ou cometidos específicos.

Capítulo segundo

Programación do traballo

Artigo 4.-Xornada.

A xornada laboral será de 36 horas semanais de luns a sábado con respecto, en todo caso, do descanso semana de día e medio ininterrompido.

Non obstante o anterior, para realiza-lo traballo en domingo, todo o persoal que non renuncia a facelo expresamente e por escrito se compromete a traballa-los domingos, facendo as quendas que estableza a empresa, de forma que quede garantida a saída do xornal do luns.

O persoal que traballe en domingo e non o desexe seguir facendo unha vez finalizado este convenio, deberao comunicar con 60 días de anticipación á finalización do convenio. Respectaranse os contratos individuais que a empresa concerte ou puidese concertar, con obriga por parte do traballador para prestar traballo en domingo.

Artigo 5.-Horario:

A empresa fixará os horarios dos distintos servicios, coordinándoos para o máis eficaz rendemento, e sempre con respecto ás especificacións legais, particularmente no que atinxe ó traballo nocturno.

Tendo en conta que constitúe obxectivo esencial de toda empresa xornalística facer chegar ós lectores tódolos seus productos co máximo de información e a unha hora idónea, faise necesario fixar esta meta como punto primordial de referencia de cara á organización dos seus ciclos de producción.

Consecuentemente, convense en que o horario de peche do periódico e o comezo de tirada sexan fixados pola empresa en cada caso, oído o comité de empresa, segundo as necesidades e atendendo ós obxectivos expostos.

Artigo 6.-Festas aboables:

Dada a especial característica da prensa poderase traballar naquelas festividades que no correspondente calendario laboral figuren como aboables e non recuperables, podéndose compensa-lo dito traballo economicamente ou ser aumentado no período de vacacións de desfrute persoal, a decisión da empresa, con excepción das festividades do 1 de xaneiro, Venres Santo e 25 de decembro.

Artigo 7.-Vacacións:

Trinta días naturais para os traballadores a xornada completa, e proporcionais ó período de tempo traballado en caso de ser inferior ó ano.

As vacacións desfrutaranse entre os meses de maio e outubro, ambos incluídos, sempre que o permitan as necesidades productivas, organizativas e de coordinación entre as diferentes seccións ou servicios da empresa, atendendo no posible ás preferencias do persoal.

Nas quendas de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia para que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

O período de desfrute de vacacións poderase fraccionar de mutuo acordo entre o traballador e a empresa.

En todo caso é facultade da empresa determinar anualmente o número de traballadores que poderá saír simultaneamente de vacacións dentro de cada sección ou servicio.

Capítulo terceiro

Retribucións

Artigo 8.-Conceptos retributivos:~

Salario:

a) Salario ordinario e fixo: enténdese por tal a totalidade de remuneracións que con tal carácter fixo e ordinario se perciben mensualmente, e vén constituído pola suma do salario base e o plus de convenio, con independencia daqueles complementos de percepción conxuntural en razón das condicións exteriores intrínsecas da función que se realice.

b) Salario base: é o que, formando parte do salario ordinario e fixo de cada traballador será fixado por categorías segundo as táboas anexas ó presente convenio. Sobre el xirarán os complementos salariais seguintes: antigüidade, nocturnidade e libre disposición.

c) Plus convenio: é aquel complemento non afecto a pluses, constituído con obxecto de que o salario ordinario e fixo de cada traballador alcance os mínimos pactados en convenio para as diferentes categorías profesionais. É absorbible. Quedará reflectido segundo as táboas anexas ó presente convenio.

Complementos persoais:

a) Antigüidade: dous trienios ó 5% e quinqueníos sucesivos ó 5%, calculados sobre o salario base e anos de servicio na empresa.

b) Plus de titulación: aboaráselle ó persoal de redacción que, con categoría de redactor ou superior, estea en posesión de titulación de xornalista debidamente homologada pola Administración pública competente na materia, con respecto en todo caso ós dereitos adquiridos na materia. A súa contía para o ano 1995 será de 8.651 ptas./mes.

Complementos de posto de traballo:

a) Plus de libre disposicións: establécese unha contía mínima do 35% sobre o salario base e aplicaráselle ós traballadores que, logo de pacto coa empresa, ademais do cometido profesional específico que teñen asignado, estean ó libre dispor da dirección en todo momento para cubri-las necesidades do servicio de carácter eventual. Determínase expresamente o seu carácter de non consolidable.

O pacto de libre disposición quedará sen efecto logo de renuncia por escrito de calquera das partes.

b) Plus de nocturnidade: a retribución do traballo que legalmente teña a consideración de nocturno establécese no 25% sobre o salario base. O seu carácter é de non consolidable.

c) Plus de rúa: os redactores que habitual e diariamente realicen a súa xornada nas tarefas profesionais denominadas «de rúa» percibirán un plus de 12.977 ptas./mes en concepto de gastos de representación, durante o ano 1995. Este complemento non se percibirá en caso de ILT ou xubilación, ten o carácter de non consolidable e non se computará para efectos de pagas e horas extraordinarias ou festas aboables.

Días festivos aboables:

Incremento do 50% segundo o seguinte módulo:

Salario mensual (sal. base, antig. noctur. plus convo.) x12

= x + 50%.

360

Horas extraordinarias:

Dadas as características da actividade da empresa, cando sexa necesaria a realización de horas extraordinarias aboaranse cun incremento do 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria, segundo a seguinte fórmula: cálculo hora ordinaria: soldo anual total (soldo base anual + antigüidade

anual + pagas extraordinarias + plus de convenio anual +, se é o caso, plus de nocturnidade anual) dividido entre o número de horas anuais traballadas.

Número de horas anuais traballadas = días laborables x 6.

Pagas extraordinarias:

Aboaranse catro pagas extraordinarias: xullo, decembro, outubro e beneficios.

A contía das dúas primeiras será de unha mensualidade de salario base, plus convenio, antigüidade, plus de nocturnidade e plus de libre disposición.

A paga de outubro ten carácter lineal e a súa contía fíxase en 70.000 pesetas para 1995, para o persoal de xornada completa. O resto dos traballadores percibirán a parte proporcional correspondente á xornada.

A paga de beneficios aboarase no mes de febreiro. 0 seu importe consistirá no 8% sobre o salario ordinario, antigüidade, nocturnidade, libre disposición e titulación, percibido polo traballador nas doce mensualidades ordinarias do ano anterior e pagas extra de xullo e decembro.

Artigo 9.-Forma de pagamento:

O pagamento do salario efectuarase mediante domiciliación bancaria, en conta que para o efecto designará cada traballador.

Todo o persoal da empresa que no día da data estea a percibi-la súa retribución salarial mediante talón bancario, poderá percibi-las súas retribucións en metálico, na oficina bancaria ou de aforro que designe a empresa para tal fin.

Capítulo cuarto

Outros beneficios

Artigo 10.-Axuda por xubilación:

A empresa concederá un complemento por xubilación a aqueles traballadores que cun mínimo de dez anos de servicios nela se xubilen durante a vixencia do convenio.

Esta axuda consistirá no aboamente dunha mensualidade de salario base, complemento de antigüidade, plus de convenio e plus nocturno que perciba o traballador no momento da xubilación.

A axuda incrementarase tantas veces como períodos completos de cinco anos de servicios excedan dos dez iniciais.

Esta axuda soamente se devengará nos supostos legias de xubilación, voluntaria ou forzosa, ou incapacidade permanente total por enfermidade común.

Artigo 11.-Xubilacións anticipadas:

Os traballadores que de mutuo acordo coa empresa, pactado por escrito, se xubilen antes da idade regulamentaria de 65 anos percibirán unha compensación económica de acordo coa seguinte escala:

-64 anos: 4 mensualidades.

-63 anos: 6 mensualidades.

-62 anos: 8 mensualidades.'

-61 anos: 10 mensualidades.

-60 anos: 12 mensualidades.

As mensualidades serán retribuídas co salario base, plus convenio, antigüidade e plus de nocturnidade, de se-lo caso.

Os traballadores que, de acordo co previsto no parágrafo 1º deste art. se acollan a este plan de xubilación, a empresa aboaralles vitaliciamente, mes a mes, unha cantidade fixa equivalente á que resulte, en cada caso, do seguinte cálculo: A = B-C.

Sendo:

A) A cantidade que aboará a empresa.

B) A base reguladora de pensión de xubilación calculada para o traballador como se este tivese cumpridos 65 anos e aplicando á dita base reguladora a porcentaxe correspondente ós anos cotizados por el.

C) Pensión inicial de xubilación que lle corresponda ó traballador en función da súa idade de xubilación anticipada.

Os factores B e C serán os que determinen en cada caso o Instituto Nacional da Seguridade Social.

O acollemento ós beneficios deste artigo exclúe para o traballador a posibilidade de percibi-la axuda por xubilación.

Artigo 12.-Compensación por enfermidade:

O traballador que se encontre en situación de baixa por ILT será compensado pola empresa mentres esta permaneza de baixa, a partir do primeiro día da mesma, cunha cantidade que, sumada á prestación da Seguridade Social polo dito concepto, alcance o 100% do seu salario mensual fixo e continuo.

Artigo 13.-Seguro de vida e accidentes:

A empresa contratará un seguro para todo o seu persoal cunha garantía principal de 2.000.000 de ptas., e efectos desde o día 1 de xaneiro de 1995, coas seguintes condicións:

a) Falecemento: calquera que sexa a causa deste e o lugar en que ocorra, a aseguradora pagaralles ós beneficiarios do asegurado falecido o capital garantido sobre a súa vida, sempre que siga pertencendo ó colectivo asegurado e de acordo coa O.M. de Facenda do 24 de xaneiro de 1977, sen máis excepción que a morte por suicidio dentro do primeiro ano de vixencia da inclusión do propio asegurado.

b) Incapacidade permanente absoluta: establécese un seguro complementario que garanta o pagamento do capital asegurado na garantía do principal, no suposto de que o asegurado resulte declarado en situación de I.P. absoluta.

Para os efectos deste seguro enténdese por I.P. absoluta a situación física irreversible, provocada por accidente ou enfermidade, orixinados independentemente da vontade do asegurado, determinante de tal inaptitude deste para o mantemento permanente de calquera relación laboral ou actividade profesional.

c) Dobre capital por morte accidental: por esta garantía o asegurador pagará un capital adicional e igual ó do seguro principal no suposto de que o segundo faleza a causa de accidente.

Para os efectos deste seguro, enténdese por accidente toda lesión corporal debida á acción directa dun acontecemento exterior, súbito e violento, alleo á vontade do asegurado e que cause o seu falecemento dentro de un ano a partir da data en que sufriu tal lesión.

Quedan excluídos dos beneficios deste artigo tódolos traballadores que cumpran ou teñan cumprido os 65 anos.

Artigo 14.-Complementos por nupcialidade e natalidade:

Durante 1995 os traballadores que contraian matrimonio percibirán un complemento de nupcialidade de 20.573 ptas., por unha soa vez.

Así mesmo, establécese un complemento de natalidade consistente na contía de 10.286 ptas./fillo.

Artigo 15.-Bolsa de vacacións:

Establécese unha axuda por este concepto para palia-las vantaxes que se poidan derivar do desfrute de vacacións nuns determinados meses do ano 1995.

Así, os traballadores que desfruten as súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e novembro percibirán no momento delas unha gratificación de 14.243 ptas. Se fosen os meses de abril, maio, outubro e decembro, 9.706 ptas.; e se fosen xuño ou setembro, 6.858 ptas.

O persoal de reparto percibirá, calquera que sexa o mes de desfrute de vacacións, a cantidade de 6.330 ptas.

Capítulo quinto

Permisos

Artigo 16.-Permisos retribuídos:

Nas mesmas condicións e supostos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 17.-Permisos non retribuidos:

Por razóns de estudio todo traballador terá dereito a un permiso non retribuído por un período máximo de un mes ó ano, logo de informe do comité de empresa, sempre que se poidan mante-los índices de productividade e por parte do traballador se demostre o aproveitamento académico para o seu desfrute.

Capítulo sexto:

Mobilidade funcional, xeográfica e modificación

das condicións de traballo

Artigo 18.-En materias de mobilidade funcional, xeográfica ou de modificación de condicións de traballo, aplicarase o legalmente previsto no Estatuto dos traballadores ou norma legal que o substitúa ou complemente.

Capítulo sétimo

Dereitos sindicais

Artigo 19.-Dereitos sindicais:

Sen prexuízo de que nesta materia se aplique o legalmente disposto no Estatuto dos traballadores, existirá un taboleiro de anuncios no cal o comité de empresa poderá inserir comunicacións, para o cal dirixirán copia delas, previamente, á dirección da empresa ou do centro de traballo.

Capítulo oitavo

Seguridade e hixene

Artigo 20.-Saúde no traballo:

A empresa proporcionará os informes que lle solicite o comité de empresa sobre as condicións do medio ambiente laboral.

Nos termos legalmente previstos, todo traballador nocturno terá dereito a ser trasladado a un posto de traballo diurno cando se detecten problemas de saúde como consecuencia directa da realización do traballo nocturno.

Artigo 21.-Revisión médica:

A empresa comprométese a xestionarlles ós traballadores, a través do Gabinete Provincial de Seguridade e Hixiene ou mutua patronal, se é o caso, as revisións médicas adecuadas ós riscos propios do seu posto de traballo, incluíndo un exame oftalmolóxico adecuado antes da súa adscrición a un posto de traballo con pantalla de visualización, ou unha vez xa adscrito, no suposto de que se queixasen de problemas visuais derivados deste traballo en pantalla. Os recoñecementos médicos que se practiquen serán específicos e adecuaranse ás materias primas, aditivos ou postos de traballo que se manipulen ou utilicen no centro de traballo.

Todo traballador, antes do seu ingreso na empresa, será sometido a un exame médico xeral que determina a súa aptitude psicofísica para o desempeño do posto de traballo a cubrir.

Artigo 22.-Rotulación de productos químicos:

A empresa deberá ter rotulados aqueles productos químicos que se utilicen no proceso productivo, co fin de que os traballadores que os manipulen os poidan coñecer. Isto sempre e canto tales productos non viñesen rotulados xa de fábrica.

Capítulo noveno

Cuestións varias

Artigo 23:

a) Os traballadores que leven vinte anos de permanencia continuada na empresa percibirán un premio de una mensualidade do seu salario real, outra igual ás trinta e outra da mesma contía ós corenta anos.

b) Respectarase a tradición en materia de roupa de traballo.

Artigo 24.-Concorrencia:

Os métodos de producción e as informacións de todo tipo que afecten o proceso industrial, informativo ou administrativo da empresa son datos exclusivos desta e non poden ser divulgados ou facilitados a terceiros. En consecuencia, sen prexuízo do obrigado cumprimento do que antecede, os traballadores non poderán colaborar noutros medios, axencias ou empresas que teñan actividades concorrentes ou competitivas coas propias de El Progreso de Lugo, S.L., de non mediar autorización escrita desta.

Artigo 25.-Comisión interpretativa do convenio:

Estará formada por catro membros: dous polos traballadores e dous pola empresa, entre os traballadores desta. En caso necesario poderán estar presentes asesores por ámbalas partes.

Capítulo décimo

Clasificación profesional

Artigo 26.-Establécense na empresa os seguintes grupos profesionais:

-Redacción.

-Administración.

-Comercial.

-Informática.

-Talleres/oficios varios.

Dentro de cada grupo profesional establécense as seguintes categorías:

Redacción:

a) Redactor xefe.

b) Xefe de sección.

c) Redactor.

d) Axudante de redacción.

e) Auxiliar.

Administración:

a) Xefe de sección.

b) Xefe de negociado.

c) Oficial de primeira.

d) Oficial de segunda.

e) Auxiliar.

f) Secretaria.

Comercial:

a) Xefe de sección.

b) Xefe de negociado.

c) Promotor de vendas.

d) Oficial de primeira.

e) Oficial de segunda.

f) Auxiliar.

Informática:

a) Supervisor de informática.

b) Auxiliar.

Talleres/oficios varios

a) Xefe de sección.

b) Oficial de primeira preferente.

c) Oficial de primeira.

d) Oficial de segunda.

e) Oficial de terceira.

f) Corrector.

g) Atendedor.

h) Peón.

i) Subalterno.

j) Repartidor.

Artigo 27.-Considéranse polivalentes entre si os grupos profesionais de Administración e Comercial.

Consideránse polivalentes entre si tódalas categorías de auxiliar, independentemente do grupo no que estean integradas.

Establécese a polivalencia entre as categorías de talleres/oficios varios con aquelas outras dos diversos grupos que lles poidan ser afín por razón dos cometidos que se realicen ou os medios de traballo que se empreguen.

Artigo 28.-A contemplación no organigrama da empresa das categorías que se deixan sinaladas non supón obriga para a empresa de telas cubertas necesariamente.

A definición de categorías realízase en anexo ó presente convenio.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Delegados: aqueles traballadores das delegacións que, ademais do seu cometido específico, periodístico, administrativo ou comercial, desempeño a representación da empresa, ostentarán entrementres a denominación de «delegado» e percibirán por isto un plus retributivo variable.

Tanto a condición de «delegado» como o plus que o retribúe teñen carácter de non consolidable.

Segunda.-Para compensa-lo incremento salarial cero do ano 1994 establécese por unha soa vez, con carácter lineal e non consolidable para ningún a efecto unha paga de convenio de 70.000 ptas., que se satisfará no mes de decembro de 1994, para o persoal de xornada completa. O resto dos traballadores percibirán parte proporcional correspondente á xornada.

Terceira.-Cláusula de revisión salarial para o ano 1995: para o suposto de que o IPC (índice de prezos

de consumo) establecido polo INE o 31 de decembro de 1995 supere para o dito ano 1995 a porcentaxe do 5,5%, a empresa aboaralle a cada traballador a diferencia que exceda da dita porcentaxe. Esa diferencia calcularase porcentualmente sobre as contías salariais vixentes o 31 de decembro de 1993 e farase efectivo no mes de xaneiro de 1996.

ANEXO Ó CONVENIO

Grupo de redacción:

Busca, localiza, crea, redacta e elabora a información literaria ou gráfica do xornal.

Redactor xefe: é o profesional que realiza tódalas funcións propias do redactor e, ademais, coordina a edición e a redacción literaria, informativa e gráfica, con responsabilidade ante o director; estará facultado para asignarlle os traballos ó persoal de redacción.

Xefe de sección: trátase do profesional que asume, baixo a dependencia directa da dirección do xornal o mando e a responsabilidade dun sector de actividade previamente asignado pola dirección, tendo ó seu cargo un número de redactores, axudantes e auxiliares que se determinarán en cada caso, realizando tódolos labores propios dun redactor e, ademais, supervisando e coordinando o traballo, a producción e a calidade.

Redactor: é o profesional que realiza as tarefas inherentes á función de xornalista, efectuando traballos de tipo basicamente intelectual, utilizando aqueles medios propios e adecuados para tales traballos.

Axudante de redacción: é o persoal que, con certa iniciativa no seu cometido, axuda á redacción tanto no exterior coma no interior, en tódolos campos da sección.

Axudante/auxiliar: é o persoal que auxilia na redacción tanto no exterior como no interior.

Grupo de administración:

Quedan comprendidos no concepto xeral de persoal administrativo de oficinas cantos, posuíndo coñecementos de mecánica administrativa, técnicos e contables, realicen habitualmente e principalmente as funcións xerais recoñecidas polo costume como propias do persoal de oficina e despachos.

Xefe de sección: comprende esta categoría o persoal que asume, baixo a dependencia directa da dirección xeral, o mando e responsabilidade dun sector de actividade de tipo burocrático, tendo baixo as súas ordes e baixo a súa dirección o persoal deste grupo profesional.

Xefe de negociado: inclúese nesta categoría o persoal que asume o mando e responsabilidade de un ou varios servicios en que se subdividen as actividades da sección, podendo ter persoal baixo as súas ordes.

Oficial de primeira: son aqueles empregados cun servicio determinado ó seu cargo que, con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, executen, baixo a dependencia dun xefe, funcións administrativas. Terán esta consideración os que realicen algunha das seguintes funcións: caixeiro de cobro e pagamento sen sinatura nin fianza;

desenvolve, calcula e expide as facturas en complexidade no seu desenvolvemento e cálculo; desenvolvemento e realización de estatísticas nas que interveñan cálculos de importancia; redacción de asentos contables; recapitulación de operacións de xornais múltiples; formulación de asentos en libros de contas correntes; redacción de correspondencia con iniciativa propia en asuntos que excedan en importancia os de mero trámite; verificación sen auxilio nin revisión dun superior das liquidacións e cálculos das nóminas de salarios ou haberes e seguros sociais.

Oficial de segunda: son os empregados que, con certa iniciativa, efectúan operacións secundarias de estatística e contabilidade ou coadxuvantes delas, manexo de arquivos ou ficheiros, correspondencia sinxela e demais traballos similares.

Auxiliar: considéranse como tales aqueles que realicen funcións auxiliares.

Secretaria: as ordes directas do persoal de alta dirección, auxilia a este en toda clase de tarefas administrativas e comunicación, con responsabilidades e iniciativa.

Grupo comercial:

A súa función consiste na captación, xestión e procesamento de publicidade e demais recursos económicos para a empresa, tales como a venda de exemplares, etc.

Xefe de negociado: inclúese nesta categoría o persoal que asume o mando e responsbilidade dun dos servicios en que se subdividen as actividades da sección.

Promotor de vendas: é o persoal que ten como función a captación e xestión de publicidade e demais recursos económicos na rúa principalmente.

Oficial de primeira: é o persoal que, cun servicio determinado ó seu cargo, o desempeña con iniciativa e responsabilidade dentro da sección.

Oficial de segunda: son os empregados que, con certa iniciativa, efectúan traballos dentro da sección.

Auxiliares: considéranse como tales aqueles que realizan funcións auxiliares.

Grupos de informática:

Supervisor de informática: a súa función consiste en analizar, programar e mante-los servicios informáticos da empresa.

Auxiliares: considéranse como tales aqueles que realizan funcións auxiliares:

Grupo de talleres/oficios varios:

Este colectivo está formado por persoal que con coñecementos de cada un deles realiza funcións de fotocomposición, montaxe, fotomecánica, corrección, impresión, peche e mantemento.

Xefe de sección: baixo a dependencia directa da dirección da empresa asume o mando e responsabilidade dun sector da actividade, podendo ter persoal ó seu cargo.

Corrector: é o encargado das correccións ortográficas e tipográficas dos orixinais.

Atendedor: son os operanos que atenden, co orixinal á vista, a lectura que realizan os correctores.

Oficial de primeira preferente: é o persoal que ten o seu cargo un servicio determinado nunha das seccións, desempeñándoo con iniciativa e responsabilidade, coa súa, distinción de preferente gañada conforme a antiga ordenanza laboral do traballo en prensa.

Oficial de primeira: é o persoal que ten ó seu cargo un servicio determinado nunha das seccións, desempeñándoo con iniciativa e responsabilidade.

Oficial de segunda: é o persoal que ten ó seu cargo un servicio determinado nunha das seccións e o desempeña con certa iniciativa.

Oficial de terceira: aquel persoal que ten un cometido auxiliar dos anteriores.

Peón: é o operario que executa tamaños para os cales non se require preparación nin coñecemento teórico-práctico de ningunha clase.

Subalterno: é o que realiza funcións que, sen seren propias de obreiros nin de administrativos, son as intermedias entre as inherentes a uns e outros co fin de facilita-lo labor dos empregados e elementos directivos.

Repartidor: é o que efectúa os encargos de entregar a domicilio as subscricións das publicacións.

Persoal de aprendizaxe: segundo o Estatuto dos traballadores.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E

XUVENTUDE