Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso a tanto global das asistencias técnicas que se citan (clave 0H.315.361/A.T. e dúas máis).

A) Asistencia técnica.

1. «Asistencia técnica para redacción do anteproxecto da E.D.A.R. e emisario de Ferrol».

Clave: OH.315.361/A.T.

Orzamento: Trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: Grupo II, subgrupo 3, categoría c.

2. «Asistencia técnica para o desenvolvemento do plan hidrolóxico de Galicia costa nas concas dos ríos Mero, Mandeo, Eume e zona costeira de Malpica».

Clave: OH.088.116/A.T.

Orzamento: Setenta e cinco millóns duascentas dezaoito mil duascentas trinta e catro pesetas (75.218.234).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

3. «Asistencia técnica para o desenvolvemento do plan hidrolóxico de Galicia costa nas concas dos

ríos Castro Grande, Anllóns, Belelle, Grande de Xubia e As Forcadas, así como as concas vertentes ás rías de Camariñas, Ferrol e Cedeira e a zona costeira da Coruña».

Clave: OH.088.127/A.T.

Orzamento: Setenta e seis millóns novecentas dezaseis mil cincocentas setenta e oito pesetas (76.916.578).

Prazo de execución: 11 meses.

Clasificación: Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

(Declaradas urxentes en base ó establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescripcións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1995.

(P.D.O. do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda