Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 31 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Número OR-01739-O-94 e catorce máis).

Pola presente cédula notifícaselles ás denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993,

do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan, no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Ourense o 31 de xaneiro de 1995.

José Ignacio Domínguez Pedrosa

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense