Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Abastecemento a núcleos do polígono de San Cribrao, Paderne e outros.

Adxudicatario: Antonio González Espina.

Orzamento: 144.194.400 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do anteproxecto de dúas estacións de aforo en Galicia costa.

Adxudicatario: Sercal, S.A.

Orzamento: 13.192.340 ptas.

Saneamento integral de Cee e Corcubión.

Adxudicatario: Cubiertas y MZOV, S.A.

Orzamento: 460.783.562 ptas.

Asistencia técnica e control técnico dos equipos electromécanicos e instalacións da obra: E.T.A.P de Padrón e abastecemento marxe dereita da ría de Arousa.

Adxudicatario: Lloyds Register España, S.A.

Orzamento: 6.689.209 ptas.

Saneamento integral do Vicedo (Lugo).

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 148.950.000 ptas.

Asistencia técnica para análises de alegacións e redacción das directrices do Plan Hidrolóxico, de Galicia-Costa.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 14.240.000 ptas.

Colector de augas residuais e E.D.A.R. en Cangas (Pontevedra).

Adxudicatario: Espina Delfín, S.L.

Orzamento: 503.829.280 ptas.

Asistencia técnica para o desenvolvemento, do Plan Hidrolóxico de Galicia nas concas dos ríos Tambre e Xallas.

Adxudicatario: Cygsa.

Orzamento: 61.349.171 ptas.

Colector xeral C-2 (río Tripes), saneamento de Tui.

Adxudicatario: Contratas, Industrias y Materiales, S.A.

Orzamento: 60.490.000 ptas.

Asistencia técnica para redacción do proxecto de trazado da nova estrada da vía de alta capacidade do Val Miñor. Tramo: Gondomar-Nigrán.

Adxudicatario: Interurbán.

Orzamento: 14.650.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda