Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.628

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (3/1990).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía número 3/1990, notifícase ós demandados Manuela Arceo Freire, Mercedes Arceo Freire, os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Arceo Freire, Celso Arceo Adán, Carmen Arceo Adán, Josefa Adán Castro, Carmen Arceo Rey, José Antonio Arceo Baliñas, Carmen Arceo Baliñas, Carmen Baliñas García e Mercedes Arceo Rey, a sentencia dictada neles, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

1.-Por dependencia do proceso civil de xurisdicción voluntaria número 505 de 1987, sobre aprobación de operacións particionais, das herdanzas dos causantes Manuel Arceo Nieto e Manuela Rey Mariño, practicadas polo contador partidor dativo e letrado desta residencia José Paz Sueiro, substanciaronse os autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía, rexistrados co número 3 de 1990, promovidos por demanda do procurador Óscar García Piccoli, representando a Constantino, Carmen e José Ramón Iglesias Arceo, e polo procurador Lisardo Reymóndez Portela, representando a Jesús Antonio e José Enrique Arceo Freire, en virtude doutra demanda, formuladas ámbalas dúas contra Esclavitud Freire Mouriño e outros, e contra o propio contador Paz Sueiro, que compareceu representado polo procu

rador Ángel Regueiro Muñoz, exercitándose acción de nulidade de partición das referidas herdanzas ou operacións particionais.

2.-Substanciadas ámbalas demandas declarativas, de menor contía polas normas aplicables e atopándose na fase procesual do disposto no art. 701 da Lei de axuizamento civil, as representacións de ámbalas partes presentaron escrito desistindo da acción impugnatoria do caderno particional e do procedemento, co subseguinte silencio dos autos para dar así lugar á aprobación de tales operacións.

Conferido traslado ás partes contrarias, a representación do procurador Paz Sueiro evacuouno no sentido de que nada tiña que opoñer, se ben as custas causa das debían ser impostas ós demandantes, sen que os demandados en situación procesual de rebeldía evacuasen o dito traslado, acordándose deixa-los autos en poder do provente para solución.

Parte dispositiva: tense os demandantes Constantino, Carmen e José Ramón Iglesias Arceo, representados polo procurador Óscar García Piccoli, e a Jesús Antonio e José Ernique Arceo Freire, representados polo procurador Lisardo Reymóndez Portela, por desistidos das accións de impugnación de operacións particionais e do presente proceso declarativo de menor contía número 3 de 1990, seguido por dependencia do xuízo de xurisdicción voluntaria número 505 de 1987, e promovidas contra Esclavitud Freire Mouriño e outros, mandando silencia-lo devandito proceso declarativo no estado que mantén, e con imposición das custas causadas ás respectivas partes demandantes.

Unha vez firme esta resolución, déase conta para acordalo que proceda no expediente de aprobación particional.

Así o dispón, acorda e asína Manuel Pérez Echenique, maxístrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación ós citados demandados, declarados en rebeldía, expido este edicto para a súa publicación no DOG, que asino en Santiago de Compostela o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado