Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.628

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (414/1994-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 414/1994, que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Raposo Quintáns, contra Guillermo Araque García, por medio da presente cédula cítase de remate a Guillermo Araque García, de quen se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza en forma en autos e se opoña á execución se lle conviñer coa prevención de que de non o facer no prazo indicado será declarado en rebeldía, e seguirá o xuízo o seu curso sen lle facer máis notificacións nin citacións que as que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro.

E para que sirva de citación de remate a Guillermo Araque García, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado