Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.980 A.T. e catro máis).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

con domicilio en Ourense, r/ Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar instalacións eléctricas en varios concellos da provincia de Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de:

Expediente 3.980 A.T.: centro de transformación en Gudín, concello de Monterroso. Liña de media tensión, 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, de 150 metros de lonxitude, en orixe na L.M.T. a Pidre e final no C.T. de Gudín. Centro de transformación de 100 kVA, 20 kV, 100/231 V.

Expediente 4.015 A.T.: C.T. e R.B.T. en Cebreiro e Hospital, concello de Pedrafita. Centro de transformación, en caseta, de 100 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 386 metros.

Expediente 4.030 A.T.: L.M.T., C.T., R.B.T. estrada Castro Caldelas, concello de Monforte de Lemos. Liña de media tensión, a 20 kV, con conductor RHV-150, cunha lonxitude de 580 metros. Centro de transformación 400 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión.

Expediente 4.047 A.T.: R.B.T. reemisor en Samos. Redes de baixa tensión, de 810 metros de lonxitude e conductores R.Z.-95-25.

Expediente 4.046 A.T.: Centro de transformación en urbanización Piscinas en Quiroga. Centro de transformación de 400 kVA, 20 kV.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo