Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.107 A.T).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense r/ Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar mellora da subministración en Cabanas, concello de Becerreá, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Fenosa a instalación de liña de media tensión, a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 137 metros. Centro de transformación en Cabanas, de 50 kVA, 20.000, 398-230 V. Redes de baixa tensión, de 1.005 metros de lonxitude e conductores RZ-95-25, en Cabanas, concello de Becerrá.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 19 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo