Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.048 A.T e cinco máis).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, r/ Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar instalacións eléctricas en concellos da provincia de Lugo, e cumpridos os trámites de información públi

ca que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de:

Expediente 4.048 A.T.: L.M.T., C.T., R.B.T. repetidor Telefónica en Goián-Páramo. Liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 80 metros. Centro de transformación á intemperie B2, de 50 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 50 metros e conductores RZ-50.

Expediente 4.050 A.T.: L.M.T., C.T., R.B.T. Cevela (O Incio). Liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 238 metros. Centro de transformación de 50 kVA á intemperie B2, de 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 5.470 metros e conductores 2x25 e RZ-95-50-25.

Expediente 4.112 A.T.: L.M.T., C.T., R.B.T. Gude (Lugo). Liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 20 metros. Centro de transformación á intemperie B2, de 50 kVA, 20 kV, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 320 metros.

Expediente 4.113 A.T.: L.M.T., C.T., R.B.T. Frontón e Lornis (Pantón). Liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón cunhas lonxitudes de 1.272 metros 183/67 metros. Centros de transformación á intemperie, de 100 kVA, 50 kVA, 24/20 kV, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 223 e 227 metros de lonxitude.

Expediente 4.120 A.T.: L.M.T., C.T., R.B.T. S. Lourenzo, Pacios, Senín (Chantada). Liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón cunha lonxitude de 511 metros. Centro de transformación á intemperie, de 50 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 1.806 metros, con conductores RZ-95-50-25 mm Al.

Expediente 4.138 A.T.: R.B.T. Vilar, Salgueiras (Navia de Suarna). Rede de baixa tensión, de 284 metros de lonxitude, con conductores RZ-25.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo