Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de febreiro de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras declaradas de urxencia de adaptación de locais para aulas e laboratorios na Facultade de Física de Santiago de Compostela.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 38, do 23 de febreiro de 1995, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 1.509, onde di: «Prazo de presentación de proposicións.-No rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo, 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 7.1 do prego das administrativas particulares», debe dicir. -Prazo de presentación de proposicións.-Rematará ás 14 horas do décimo quinto día, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Lugar de presentación de proposicións.-No rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 7.1 do prego das administrativas particulares».