Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO de información pública.

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 17 de xaneiro de 1995, o estudio informativo de Nova estrada. Conexión da PO-200 coa C-541, clave: N-PO-90.8.4; sométese o citado estudio ó trámite de impacto ambiental, segundo o disposto no Decreto 327/1991, do 20 de outubro, de efectos ambientais da Xunta de Galicia, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, coa finalidade de que aqueles que o consideren opor

tuno poidan formular por escrito ante este Servicio Provincial de Estradas as observacións que coiden convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; advertíndose que o citado proxecto pode examinarse durante o dito prazo, en horas hábiles de oficina, neste servicio provincial e nos concellos de Boborás (Ourense), Forcarei, O Irixo (Ourense), Lalín e Silleda.

Pontevedra, 1 de febreiro de 1995.

José Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe