Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.598

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (150/1993).

Como secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo 150/1993, consta a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia. Na cidade de Ribeira o nove de setembro de mil novecentos noventa e tres, Arturo Raposo Arceo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta cidade, viu os presentes autos de xuízo executivo, número 150/1993, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, con DNI/CIF G-15028947 domiciliado na rúa Nova, 30 (A Coruña), representado pola procuradora Concepción Peleteiro Bandín, e dirixido polo letrado Rafael Pardo Pederner, contra José Luis Colomer Fariña, con DNI/CIF 5245093, domiciliado en José Antonio, 25 (Ribeira), declarado en rebeldía, e

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Luis Colomer Fariña, con DNI/NIF 5245093 domiciliado en José Antonio, 25 (Ribeira), e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 2.950.159 pesetas, importe do capital, comisión e xuros pactados ata a data invocada e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, a pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinada e rubricada.

Concorda ben e fielmente co orixinal ó que me remito. E para que así conste e sirva de notificación ó demandado rebelde José Luis Colomer Fariña, expido e asino a presente cédula en Ribeira o once de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado