Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (71/1993).

En virtude do acordado pola secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Rodríguez Mahía, en Resolución do 6 de outubro de 1994,

dictada en autos de xurisdicción voluntaria número 71/1993, por instancia de Josefa Juncal Muíño e Preciosa Pena Muíño, representadas por Amado Varela Tobío, contra Ramón Muíño Liste e Ramón Juncal Muíño, e demais herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Muíño e Manuela Juncal Costa, cítase ós mencionados herdeiros descoñecidos e incertos, para que no prazo de quince días comparezan nos autos, baixo apercibimento de que se non o verifican recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que lle sirva de notificación ós mencionados herdeiros descoñecidos e incertos, mediante a súa inserción no DOG, expido o presente edicto en Ordes o 13 de outubro de 1994.

María Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria